POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 ene 2017

AMIZADE INCONDICIONAL / AMISTAD INCONDICIONAL


El estaba de viaxe e eu, como tantas veces, soa e desinflada sobando no sofá. Ruxiu o teléfono; por non aguantar a cantarela, acabei descolgándoo. Deseguida recoñecín a voz da miña parella co seu ton especial das noites potentes. Intentei negarme, ¡que aniversario nin que gaitas! Pero ao final, preguiceira, accedín a seguir o seu xogo. Pouco a pouco, a temperatura e o ánimo eleváronse. Aínda que me custou despoxarme dalgunha peza de roupa sen soltar o aparato, conseguino. Espida, todo resultou máis doado, arranxábame perfectamente cunha soa man. Cando xa a cousa era inminente e a respiración entrecortada, o condenado di que está á porta. Non contaba que viñese ata dous días despois. Tirei o móbil e fun abrir a escape. ¡Sorpresa!: alí agardaba o seu mellor amigo para facerme o favor que el lle pedira. Mentres decidía se morrer ou matalo, deixeime compracer.



                  
Él estaba de viaje y yo, como tantas veces, sola y desinflada planchando sofá. Rugió el teléfono; por no aguantar el soniquete, acabé descolgándolo. Enseguida reconocí la voz de mi pareja con su tono especial de las noches potentes. Intenté negarme, ¡qué aniversario ni qué gaitas! Pero al final, perezosa, accedí a seguir su juego. Poco a poco, la temperatura y el ánimo se elevaron. Aunque me costó despojarme de alguna prenda sin soltar el aparato, lo conseguí. Desnuda, todo resultó más fácil, me arreglaba perfectamente con una sola mano. Cuando ya la cosa era inminente y la respiración entrecortada, el muy puñetero dice que está a la puerta. No lo esperaba hasta dos días después. Tiré el móvil y corrí a abrirle. ¡Sorpresa!: allí aguardaba su mejor amigo para hacerme el favor que él le había pedido. Mientras decidía si morir o matarlo, me dejé complacer.


Seleccionado para ser publicado no libro DESEO ERES TÚ (Kelonia Editorial)