POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 ago 2017

INÉDITO PARA SEMPRE/ INÉDITO DE POR VIDA



Un fedor insoportable inunda a casa. Os seus personaxes, cadáveres desde hai tempo, descompóñense nos caixóns. Definitivamente, terá que desistir.

(Imaxe procedente de internet)




Un hedor insoportable inunda la casa. Sus personajes, cadáveres desde hace tiempo, se descomponen en los cajones. Definitivamente, tendrá que desistir.



                                                                         
                                                     Seleccionado en ENTC para ser publicado no próximo libro.