POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

25 ene 2015

DOLORES


Cala un pouquiño. Ben sei que estarás moi ocupada coas presentacións, pero xa terás todo o tempo do mundo para contarlles a túa vida. Agora escóitame a min, que che quero dicir como foi. Había moita xente, moita, ¡toda! Tamén había respecto, admiración, lembranzas, bágoas... ¡Canto choraron as nenas! Gustaríache vivilo, estou segura. Vale, xa te deixo; sigue coas túas novas relacións. Estarás feliz no medio de tantas almas… ¡Non se che ocorra invitalos a comer! Cando atopes a Severino, acórdate de ensinarlle a foto que levaches contigo para que vexa o que aumentou a familia. Oíches, ó final decidimos velarte no tanatorio da Estrada; espero que non te enfades. Estabas como unha rosa entre miles de fermosas flores. Adeus, mamaíta.



(Imaxe baixada de internet)
Cállate un poquito. Sé que estarás muy ocupada con las presentaciones, pero ya tendrás todo el tiempo del mundo para contarles tu vida. Ahora escúchame a mí, que te quiero decir cómo fue. Había mucha gente, mucha, ¡toda! También había respeto, admiración, recuerdos, lágrimas... ¡Cuánto lloraron las niñas! Te gustaría vivirlo, estoy segura. Vale, ya te dejo; sigue con tus nuevas relaciones. Estarás feliz en medio de tantas almas... ¡No se te ocurra invitarlos a comer! Cuando encuentres a Severino, acuérdate de enseñarle la foto que llevaste contigo para que vea lo que ha aumentado la familia. Oye, al final decidimos velarte en el tanatorio de La Estrada; espero que no te enfades. Estabas como una rosa entre miles de hermosas flores. Adiós, mamaíta.


21 ene 2015

DESENCANTO


(Imaxe baixada de internet)


Despois de eternos anos lonxe da miña cidade, enfermo de morriña, tiven que retornar a ela. E atopeina baleira. Só había xente.





Después de eternos años lejos de mi ciudad, enfermo de morriña, tuve que regresar a ella. Y la encontré vacía. Sólo había gente.



Para ENTCONCURSO "CIUDAD MÍNIMA

20 ene 2015

AVISO IMPORTANTE


(Imaxe baixada de internet)

Vostede é o primeiro que  a abre; pero debe saber que non será o último en entrar. Atopou a chave que perdera de rapaza xogando ás agachadas; desde aquela, non parei de buscala. Agora que apareceu, non vou permitir que se repita a historia: acabo de tirala ó lixo. A miña alma permanecerá aberta de par en par o resto dos meus días. Vostede verá…





Usted es el primero que la abre; pero debe saber que no será el último en entrar. Ha encontrado la llave que había perdido de niña jugando al escondite; desde entonces, no he dejado de buscarla. Ahora que ha aparecido, no voy a permitir que se repita la historia: acabo de tirarla a la basura. Mi alma permanecerá abierta de par en par el resto de mis días. Usted verá…

Creado para REC


17 ene 2015

FIN

Vive soa todo o ano, agás o trinta e un de decembro. O seus familiares, coma sempre, co pretexto de visitala, aproveitan a ocasión para cear coma reis. Despois, vibran coas badaladas no balcón que dá á Praza do Reloxo, acugulada de arrotos de alcohol desde varias horas antes. Esta vez, aborrecida, acurrúnchase nunha esquina do sofá sen que ninguén se decate. Pecha os ollos; xa non soporta ver tanta parvada repetida, tanta troula desproporcionada... E esquécese de abrilos.




(Baixada de internet)
Vive sola todo el año, menos el treinta y uno de diciembre. Sus familiares, como siempre, con el pretexto de visitarla, aprovechan la ocasión para cenar como reyes. Luego, vibran con las campanadas en el balcón que da a la Plaza del Reloj, repleta de eructos de alcohol desde varias horas antes. Esta vez, hastiada, se acurruca en una esquina del sofá sin que nadie se percate. Cierra los ojos; ya no soporta ver tanta tontería repetida, tanto jolgorio desproporcionado… Y se olvida de volverlos a abrir.



                                                                                                                              Relato mencionado en  ENTC                                                                                                                                              

14 ene 2015

TRES CARAMELIÑOS CON SABOR A SEUDO-HAIKU


Con pluma branca
destacas pola Noite
sen facer sombra.

Cos pés na terra
miramos como voas
para aprender.

Prestas as ás
a quen poida seguirte.
Grazas, Paloma.


(Imaxe baixada de internet)


Con pluma blanca
destacas en la Noche
sin hacer sombra.

Desde la tierra
contemplamos tu vuelo
para aprender.

Prestas las alas
al que pueda seguirte.
Gracias, Paloma.


Para "El amigo invisible" de ENTC (Esta Noche Te Cuento)

5 ene 2015

MEDIDAS PREVENTIVAS


Este vai saber quen son eu. Acabouse chegar á casa e un para o sofá mentres a outra cociña. Si, claro, traballo porque quero. ¡Era o que faltaba! ¡E a min que me importa que el gañe dabondo! Unha tamén ten os seus dereitos. ¿E os nenos? ¿Quen se ergue polas noites? ¿Quen os leva ó médico? ¡¿Quen os paire?! Ai non, por esas si que non paso. Pois este ten toda a pinta de querer familia numerosa. E non fai máis ca mirarme o moi… Velaí vén; seguro que me invita a unha copa. ¡Eu lárgome!

(Imaxe baixada de internet)




Este va a saber lo que es bueno. Se acabó llegar a casita y uno para el sofá mientras la otra cocina. Sí, claro, trabajo porque quiero. ¡Sólo faltaría! ¡Y a mí que me importa que él gane bastante! Una también tiene sus derechos. ¿Y los niños?  ¿Quién se levanta por las noches? ¿Quién los lleva al médico? ¡¿Quién los pare?! Ay no, por esas sí que no paso. Pues este tiene toda la pinta de querer familia numerosa. Y no deja de mirarme el muy… Ahí viene; seguro que me invita a una copa. ¡Yo me largo!