POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 dic 2015

SIMBIOSE / SIMBIOSIS







Primeiro impediullo a familia; despois os compañeiros de piso. Non tivo máis remedio que alugar unha casoupa no campo para poder cumprir o seu soño: ter mascota. Decontado o destino deixou á súa porta dous gatiños abandonados que lle espertaron o instinto paternal, tanto que chegou a desatender obrigas laborais e sociais por sacalos adiante. Ofreceulles todo o seu tempo, os seus escasos recursos, a súa cama... Medraron felices ignorando a propia condición felina. Así que, humanizados polo amor e os coidados recibidos, cando perciben que papá home pasa fame, comparten con el o seu penso gourmet.




Primero se lo impidió la familia; después los compañeros de piso. No tuvo más remedio que alquilar una infravivienda en el campo para poder cumplir su sueño: tener mascota. Enseguida el destino dejó a su puerta dos gatitos abandonados que le despertaron el instinto paternal, tanto que llegó a desatender obligaciones laborales y sociales por sacarlos adelante. Les ofreció todo su tiempo, sus escasos recursos, su cama… Crecieron felices ignorando la propia condición felina. Así que, humanizados por el amor y los cuidados recibidos, cuando perciben que papá hombre pasa hambre, comparten con él su pienso gourmet.


27 dic 2015

PERVERSIÓN ECOLÓXICA / PERVERSIÓN ECOLÓGICA



(Imaxe procedente de internet)
Introducía a cabeza en bolsas de plástico para reutilizalas.




Introducía la cabeza en bolsas de plástico para reutilizarlas.






25 dic 2015

PRAXE / PRAXIS


(Imaxe procedente de internet)


Percorreu as mellores sastrerías da cidade, pero ningunha se comprometía a satisfacer o seu desexo. Ata que comprendeu a razón: non prometía recompensa. Tan pronto como lles ofreceu prebendas, pelexaban por confeccionarlle esa práctica chaqueta reversible para a campaña electoral.





Recorrió las mejores sastrerías de la ciudad, pero ninguna se comprometía a satisfacer su deseo. Hasta que comprendió la razón: no prometía recompensa. Tan pronto como les ofreció prebendas, se peleaban por confeccionarle esa práctica chaqueta reversible para la campaña electoral.



23 dic 2015

NIN DE LONXE / NI DE LEJOS



Tentei agasallar ó sol
con versos de luz tinguidos.
Non puiden nin achegarme
co resplandor.

Rubín con garras e soños
para miralo de fronte.
Sempre se achaba máis alto,
fútil denodo.

Conxuguei palabras finas
que impresionasen ó verbo.
O presente espetou cruel:
¡cala e camiña!

Xa cos pés postos na terra
asumo con humildade
que moi lonxe estou de ser
unha Heredera.




Quise agasajar al sol
con versos de luz teñidos.
No pude ni aproximarme,
me deslumbró.

Trepé con garras y sueños
para mirarlo a la cara.
Siempre se hallaba más alto,
fútil intento.

Conjugué palabras finas
que impresionaran al verbo.
El presente espetó cruel:
¡calla y camina!


Ya con los pies en la tierra
asumo con humildad
que lejos estoy de ser
una Heredera.

12 dic 2015

PROBAS CONCLUÍNTES / PRUEBAS CONCLUYENTES


(Imaxe procedente de internet)



O conto de onte non o traguei, pero hoxe sei que non mente. A min non me convence con calquera indicio, ¡canto lle custou entendelo! Agora, si. Ata puido aforrar a braga na cabeza, valía con traela nun peto. De acordo, ten outra.






El cuento de ayer no me lo tragué, pero hoy sé que no miente. A mí no me convence con cualquier indicio, ¡cuánto le costó entenderlo! Ahora, sí. Incluso se ha podido ahorrar la braga en la cabeza, valía con traerla en un bolsillo. De acuerdo, tiene otra.


28 nov 2015

¡MACHOTE!


Este cárcere, estes ferros ou os muros máis inexpugnables non poderán xamais encerrar a miña vergonza, que cada noite de insomnio atravesa as paredes da cela e voa indómita ó pasado para torturarme coa imaxe reiterativa do teu sangue, dos teus berros, da miña fuxida... E á volta, un cólico de humillación retórceme no catre ó imaxinar os teus honores; e aperto con furia os puños que, covardes, non puideron quitarche a vida.




(Imaxe procedente de internet)
Esta cárcel, estos hierros o los muros más inexpugnables no podrán jamás encerrar mi vergüenza, que cada noche de insomnio atraviesa las paredes de la celda y vuela indómita al pasado para torturarme con la imagen reiterativa de tu sangre, de tus gritos, de mi huida... Y a la vuelta, un cólico de humillación me retuerce en el catre al imaginar tus honores; y aprieto con furia los puños que, cobardes, no pudieron quitarte la vida.



                                               Creado para ENTC

21 nov 2015

¡LEME! / ¡LÉEME!



Non quero ser un libro 
(imaxe procedente de internet)

aberto eternamente 
pola primeira páxina 
esperando que me leas 
os beizos, os pensamentos, 
que te acendan as palabras, 
que interpretes os silencios. 
Se non che gusta o argumento, 
pechareime para sempre. 





No quiero ser un libro 
abierto eternamente 
por la primera página 
esperando que me leas 
los labios, los pensamientos, 
que te enciendan las palabras, 
que interpretes los silencios. 
Si no entiendes mi argumento, 
me cerraré para siempre. 



Seleccionado no concurso LIBRIPEDIA


20 nov 2015

DISTANCIA INSUPERABLE


(Imaxe procedente de internet)



Hai anos que non te vexo. Podías facer un esforzo e pasar pola casa. Esta maldita artrose impídeme achegarme ata o cemiterio.






Hace años que no te veo. Podías hacer un esfuerzo y pasar por casa. Esta maldita artrosis me impide acercarme hasta el cementerio.







19 nov 2015

CUESTIÓN DE PRIORIDADES


—Como tardou tanto en vir, señora?

—Tiña que limpar. ¡Non vexa como puxen a casa! Se a deixo secar, despois é imposi...?

A anestesia impediulle seguir falando e o doutor comezou a extraerlle o garfo cravado no ventre. 


(Imaxe procedente de internet)

—¿Cómo ha tardado tanto en venir, señora?

—Tenía que limpiar. ¡No vea como puse la casa! Si la dejo secar, luego es imposi…

La anestesia le impidió seguir hablando y el doctor comenzó a extraerle el tenedor clavado en el vientre. 




17 nov 2015

SALVADOS POLA XIMNASIA / SALVADOS POR LA GIMNASIA








Vólvenos deixar debaixo das súas camas despois de camiñar con eles polo bosque durante boa parte da noite. Non atoparon a David, pero si a súa casiña de tellado vermello con pintas brancas. Outro día seguirano intentando. Menos mal que mañá toca Educación Física e non terán que levar os zapatos, así mamá non os verá todos cheos de lama.






Vuelven a dejarlos debajo de sus camas después de haber caminado con ellos por el bosque durante buena parte de la noche. No han encontrado a David, pero sí su casita de tejado rojo con pintas blancas. Otro día lo seguirán intentando. Menos mal que mañana toca Educación Física y no tendrán que llevar los zapatos, así mamá no los verá todos manchados de barro. 

                                                                                                                                                       Creado  para REC

15 nov 2015

UVAS ÓS COGOMELOS / UVAS A LAS SETAS


A forza de proporcionarlles pequenas doses, convertín a dúas amigas en adictas ó monte. O seguinte foi crear un club micolóxico de tres compoñentes, con estatutos, equipo directivo e grupo de Whatsapp incluídos. A tempada resultou xenerosa: novos enclaves, experimentos culinarios, molladuras gloriosas e cestos de risas. Non esqueceremos o autorretrato da última 
saída do ano, coas copas de cava, as uvas e o mantel sobre a follaxe, unha ocorrente sorpresa da tesoureira. Entre bromas, chegou a noite; antes de que o medo nos pillase, fuximos, esquecendo no bosque a recolección de toda unha tarde.




A fuerza de proporcionarles pequeñas dosis, convertí a dos amigas en adictas al monte. Lo siguiente fue crear un club micológico de tres componentes, con estatutos, equipo directivo y grupo de Whatsapp incluidos. La temporada resultó generosa: nuevos setales, experimentos culinarios, mojaduras gloriosas y cestos de risas. No olvidaremos el autorretrato de la última salida del año, con las copas de cava, las uvas y el mantel sobre la hojarasca, una ocurrente sorpresa de la tesorera. Entre bromas, llegó la noche; antes de que el miedo nos pillara, escapamos, olvidando en el bosque la recolección de toda una tarde.




10 nov 2015

MICRORRELATISTA INDECISO


Hai tempo que debería estar morto. De feito, xa ten todo disposto; ata repartiu invitacións para o funeral. Sen data, iso si. Só unha cousa lle impide facelo: decidirse por un dos dous epitafios que redactou. Non sabe se gravar na súa lápida de deseño “Sigo buscando a Deus. Cando o atope, aviso” ou “Vivín como puiden; morrín como quixen”. A súa muller, que o adora e non soporta velo sufrir dándolle voltas á cabeza, aconséllalle que poña os dous e que se vaia tranquilo. Pero el non o acepta, di que son demasiadas palabras. Por riba, se o condenado dilema o mantén vivo máis do desexado, terá que reconsiderar o final do segundo texto…

(Imaxe procedente de internet)
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                    Hace tiempo que debería haber muerto. De hecho, ya tiene todo dispuesto; incluso ha repartido invitaciones para el funeral. Sin fecha, eso sí. Sólo un detalle le impide hacerlo: decidirse por uno de los dos epitafios que ha redactado. No sabe si grabar en su lápida de diseño “Sigo buscando a Dios. Cuando lo encuentre, aviso” o  “Viví como pude; morí como quise”. Su mujer, que lo adora y no soporta verlo sufrir dándole vueltas a la cabeza, le aconseja que ponga los dos y que se vaya tranquilo. Pero él no lo acepta, dice que son demasiadas palabras. Encima, si el dichoso dilema lo mantiene vivo más de lo deseado, tendrá que reconsiderar el final del segundo texto…


Mencionado en ENTC


2 nov 2015

DEPENDENCIA


(Imaxe baixada de internet)



Volven ser invisibles as pegadas do teu desdén. Cada vez teño máis práctica camuflando a miña dor. Xa me podes disparar de novo con indiferenza ou desprezo, como queiras; o importante é que sexas feliz. ¿Ata cando te poderei enganar?





Vuelven a ser invisibles las huellas de tu desdén. Cada vez tengo más práctica camuflando mi desdicha. Ya puedes dispararme de nuevo con indiferencia o desprecio, como gustes; lo importante es que seas feliz.  ¿Hasta cuándo podré engañarte?
                                                                                                                                               

                                                                                                                                 Creado  para REC



26 oct 2015

FAME / HAMBRE


(Imaxe procedente de internet)





Non lle molestan os camións que cruzan a ponte sobre a súa cabeza, a corrente do río, ese can imbécil que non para de ladrar á lúa, o asubío do tren cruzando a estrada sen barreira... O ruído que lle impide durmir é o das súas tripas.









No le molestan los camiones que cruzan el puente sobre su cabeza, la corriente del río, ese perro imbécil que no para de ladrar a la luna, el pitido del tren cruzando la carretera sin barrera... El ruido que le impide dormir es el de sus tripas. 



19 oct 2015

A MANCHA / LA MANCHA


Un señor con levita que se parece a Pushkin visítame cada noite. Miña nai di que o vexo en soños, froito da obsesión que me entrou últimamente pola poesía romántica. O seu noivo rise burlón. Pero estou segura de que se enganan e voullo demostrar. Levo varios días agachando a pastilla que me dan para durmir. Aguanto esperta ata que o oio entrar; entón, prendo a luz e desaparece ó instante. Hoxe vai caer na trampa: o pegamento extraforte que botarei no chan impediralle fuxir. ¡Non quero nin imaxinar o cabreo de mamá cando vexa o parqué manchado!
(Imaxe baixada de internet)










Un señor con levita que se parece a Pushkin me visita cada noche. Mi madre dice que lo veo en sueños, fruto de la obsesión que me ha entrado últimamente por la poesía romántica. Su novio se ríe burlón. Pero estoy segura de que se equivocan y se lo voy a demostrar. Llevo varios días escondiendo la pastilla que me dan para dormir. Aguanto despierta hasta que lo oigo entrar; entonces, enciendo la luz y desaparece al instante. Hoy va a caer en la trampa: el  pegamento extrafuerte que echaré en el suelo le impedirá huir. ¡No quiero ni imaginar el enfado de mamá cuando vea el parqué manchado!

                                                                                                                                                                  Creado  para REC

17 oct 2015

VIVO


(Imaxe baixada de internet)



Espertei cunha forte dor nos puños. Esta vez decidín quedar inmóbil. Non oía choros. Xa marcharan todos do cemiterio.





Me desperté con un fuerte dolor en los puños. Esta vez decidí quedarme inmóvil. No oía  llantos. Ya se habían marchado todos del cementerio. 



12 oct 2015

DOUTRO PLANETA / DE OTRO PLANETA


(Imaxe baixada de internet)



A rutina diúrna é levadía: unha man estendida á porta da igrexa, sesta nun banco, visitas ao colector do supermercado... Mesmo soporta que o ignoren. A noite, en cambio, é moi dura. Non pola incomodidade dos cartóns ou a friaxe da madrugada, senón pola morriña infinita que lle producen as estrelas. O salitre das bágoas vai estragando os seus circuítos.







La rutina diurna es llevadera: una mano extendida a la puerta de la iglesia, siesta en un banco, visitas al contenedor del supermercado… Incluso soporta que lo ignoren. La noche, en cambio, es durísima. No por la incomodidad de los cartones o el relente de la madrugada, sino por la nostalgia infinita que le producen las estrellas. El salitre de las lágrimas destroza sus circuitos.

                                      
                            Seleccionado para o libro Inspiraciones Nocturnas II (DIVERSIDAD LITERARIA)


5 oct 2015

REINCIDENTE, PERO POUCO / REINCIDENTE, PERO POCO


(Imaxe baixada de internet)

O condenado ollo da pechadura mirábame arrogante, encirrando as miñas malas intencións. Empuñei con forza a copia da chave que ocultaba na miña man coa vil pretensión de cravarlla ata o fondo da pupila baleira. Achegueime amodo, seguro de que esta vez si podería facelo. Pero ó primeiro rozamento metálico, de novo o tremor de pernas, as suores inoportunas de sempre e a chaviña rodando polo chan, debaixo do escritorio. Recollina axiña e saín dando tombos do cuarto da miña irmá. Un día máis sen poder ler o seu diario.





El puñetero ojo de la cerradura me miraba arrogante, azuzando mis ideas malintencionadas. Empuñé con fuerza la copia de la llave que ocultaba en mi mano con la vil pretensión de clavársela hasta el fondo de la pupila vacía. Me acerqué sigiloso, seguro de que esta vez sí podría hacerlo. Pero al primer roce metálico, de nuevo el temblor de piernas, los sudores inoportunos de siempre y el llavín rodando por el suelo, debajo del escritorio. Lo recogí con premura y salí a trompicones del cuarto de mi hermana. Un día más sin poder leer su diario.


                                                                                                                                                       Creado  para REC


4 oct 2015

A RECOMPENSA / LA RECOMPENSA


Nunca aprendín a montar en bicicleta. Non sei se non quixen ou non puiden. Medio século despois, aínda lembro aquela da miña infancia con dúas rodiñas ós lados, a que o avó lle regalara ó seu único neto varón. As irmás do afortunado nin podiamos tocala.

Pouco durou na casa. Que o noso neno se matase tentando rescatala foi un desgraciado accidente. Só o veciño, algo maior ca min, eivado e pobre, sabía como a condenada bici chegara ó fondo do precipicio.

Pasados varios anos, agradecinlle a súa complicidade casando con el.

(Imaxe baixada de internet)





Nunca aprendí a montar en bicicleta. No sé si no quise o no pude. Medio siglo después, todavía recuerdo aquella de mi infancia con dos ruedines, la que el abuelo había regalado a su único nieto varón. Las hermanas del afortunado ni podíamos tocarla.

Poco duró en casa. Que nuestro niño se despeñara intentando rescatarla fue un desgraciado accidente. Sólo el vecino, algo mayor que yo, pobre y contrahecho, sabía cómo la dichosa bici llegó al fondo del precipicio.

Pasados los años, le agradecí su complicidad casándome con él. 


                                             Creado para ENTC

16 sept 2015

VODAS DE OURO / BODAS DE ORO


Leva varios días desaparecido. Foise de casa ao amencer, sen avisar. Non levou documentación nin cartos. Tampouco deixou ningunha nota. Buscando pistas, a súa esposa anciá botou en falta unha navalla e un cesto. Isto tena relativamente tranquila. Cando lle preguntan por el, di que está de viaxe; pero non a cren, nunca antes o fixera. Os veciños empezan a mirala mal. Ela reza para que chova dunha maldita vez e poida regresar antes do aniversario. Imaxina o agasallo que lle traerá. Sempre tan orixinal! Terá que facerse a sorprendida, coma de costume…











Lleva varios días desaparecido. Se fue de casa al amanecer, sin avisar. No llevó documentación ni dinero. Tampoco dejó nota alguna. Buscando pistas, su anciana esposa ha echado en falta una navaja y un cesto. Esto la tiene relativamente tranquila. Cuando le preguntan por él, dice que está de viaje; pero no la creen, nunca antes lo había hecho. Los vecinos empiezan a mirarla raro. Ella reza para que llueva de una puñetera vez y pueda regresar antes del aniversario. Imagina el regalo que le traerá. ¡Siempre tan original! Tendrá que hacerse la sorprendida, como de costumbre…


7 sept 2015

LIXO CON VIDA / BASURA CON VIDA


(Imaxe baixada de internet)

Ó abrir o colector do lixo decatouse de que empezaba a esquecer o nome das cousas. Falláronlle as pernas e derrubouse. Alí a encontraron os traballadores do servizo de limpeza, desfalecida e ensanguentada. Non soubo darlles explicacións. A carón dela, había unha bolsa que choraba.




Al abrir el contenedor se dio cuenta de que estaba empezando a olvidar el nombre de las cosas. Le fallaron las piernas y se desplomó. Allí la encontraron los trabajadores del servicio de limpieza, desfallecida y ensangrentada. No supo darles explicaciones. A su lado había una bolsa que lloraba.

                                                                                                                                               Creado  para REC


20 ago 2015

ATRACO FRUSTRADO



(Imaxe baixada de internet)
Bolsa non tiña. Vida, tampouco. 
¡Hainos con sorte!






Bolsa no tenía. Vida, tampoco. 
¡Los hay con suerte!




14 ago 2015

TARDE


(Imaxe baixada de internet)
¡Por fin viúva! A ilusión da súa vida: inspirar pena e envexa, ser o centro dos chismes, vestirse de negro integral, mirar a calquera home con descaro e despois rexeitalo facéndose a ofendida... Foi unha mágoa que a pillase o feliz acontecemento atada á cadeira de rodas do xeriátrico.






¡Al fin viuda! La ilusión de su vida: inspirar pena y envidia, ser el centro de cotilleos, vestirse de negro integral, mirar a cualquier hombre con descaro y luego rechazarlo haciéndose la ofendida… Lástima que le haya pillado el feliz acontecimiento atada a la silla de ruedas del geriátrico.



7 ago 2015

EMPACHO


(Imaxe baixada de internet)


Encérrome na despensa. Atranco a porta por dentro. Cando conseguen abrir, xa non hai nada que facer: acabo de morrer, aínda estou quente. O mellor de todo é que esta vez non me remorde a conciencia.







Me encierro en la despensa. Atranco la puerta por dentro. Cuando consiguen abrir, ya no hay nada que hacer: acabo de morirme, todavía estoy caliente. Lo mejor de todo es que esta vez no me remuerde la conciencia.



5 ago 2015

EDITIÑO 10


A ver canto dá de si
esta mísera esperanza,
pois a ilusión xa rompeu
estarricada de máis.
Cos anacos
hei remendar a dor.



(Imaxe baixada de internet)


A ver cuánto da de sí
esta mísera esperanza,
ya que la ilusión ha roto
por estirarla de más.
Con jirones
remendaré el dolor.



3 ago 2015

PENÚLTIMO FRECHAZO / PENÚLTIMO FLECHAZO


(Imaxe baixada de internet)

Coñeceuna no taller de lectura, ao que case houbo que levalo a rastro e que agora lle parece interesante. Dende entón, anótase a todas as actividades ás que ela asiste; mesmo inventa doenzas para coincidir en rehabilitación ou masaxes. Hoxe é o home máis feliz do mundo: despois de varios intentos falidos, á fin conseguiu unha cadeira de rodas para el, que lle permitirá poñerse á súa altura e acompañala, roda con roda, nos paseos polo xardín do xeriátrico.




La conoció en el taller de lectura, al que casi hubo que llevarlo a rastras y que ahora le parece interesantísimo. Desde entonces, se anota a todas las actividades a las que ella asiste; incluso inventa dolencias para coincidir en rehabilitación o masajes. Hoy es el hombre más feliz del mundo: después de varios intentos fallidos, al fin ha conseguido una silla de ruedas para él, que le permitirá ponerse a su altura y acompañarla, rueda con rueda, en los paseos por el jardín del geriátrico.


                                                                                                    Inspirado en "Caballo viejo" para RCBS

2 ago 2015

XENEROSO / GENEROSO


(Imaxe de internet editada)


A vida nunha bolsa, por se o atracan.





La vida en una bolsa, por si lo atracan.




27 jul 2015

HISTORIA DE NAI / HISTORIA DE MADRE


Cumpridos os dezasete, a María mandárona a servir. O fillo dos patróns, aínda que xa tiña moza, celebrou a súa chegada. Pronto houbo que casalo, antes de que o embarazo da prometida se notase. Entre os convidados, un capricho do noivo: María. Á mañá seguinte, esta regresou á aldea, co pretexto de coidar un pai enfermo. Alí ocultou o seu segredo, ata que os choros do recén nacido difundiron a vergonza. Co fillo colgado do peito, fuxiu dos desprezos buscando respecto e xornal. Para cando chegasen as preguntas do neno, levaba preparado un fermoso conto.




MADRE E HIJO, de Paula Modersohn-Becker (Internet)
Cumplidos los diecisiete, a María la mandaron a servir. El hijo de los patrones, aunque ya estaba ennoviado, festejó su llegada. Pronto hubo que casarlo, antes de que el embarazo de la prometida se notara. Entre los invitados, un capricho del novio: María. A la mañana siguiente, ésta regresó al pueblo, con el pretexto de cuidar un padre enfermo. Allí ocultó su secreto, hasta que el llanto del recién nacido difundió la vergüenza. Con el hijo colgado del pecho, huyó de los desprecios buscando respeto y jornal. Para cuando llegaran las preguntas del niño, llevaba preparado un hermoso cuento.



                                                           Inspirado en "Juan Charrasqueado" para RCBS

26 jul 2015

¡POR FIN!


(Imaxe baixada de internet)

Fóra de contas.
          A nube vai parir,
                    xa non aguanta.






                    Fuera de cuentas.
          La nube parirá,
no aguanta más.






22 jul 2015

MISIÓN ENCOMIABLE


O seu comportamento estraño e un aspecto físico peculiar impídenlle pasar desapercibido por máis que se esforce. Sentirse tan observado engade dificultade ao seu labor, xa de por si complexo. Mais a reacción da xente está xustificada porque leva varios meses na zona e aínda non o viron nunha celebración, no centro de saúde ou na tenda. Nin sequera falaron con el. Saúda a todo o mundo con amplo sorriso e xestos amables, pero non sae unha palabra da súa boca. Só saben que pasa a noite na casa grande abandonada. Descoñecen cal é a súa profesión, e isto é o que produce maior desconfianza na vila. Chegaron a especular coa posibilidade de que fose un terrorista ou un fuxitivo. Mesmo se organizaron para vixialo polas noites, sen éxito ningún: a súa vivenda permanece sempre en silencio absoluto e ás escuras. Cada día, abandona a casa cedo e desaparece andando; á noitiña, regresa aparentemente cansado.

(Imaxe baixada de internet)
Están moi lonxe de imaxinar que traballa para eles; que alí seguirá ata a consecución do obxectivo: o deseño dun canón granífugo eficaz. A non ser que descubran antes o seu ovni camuflado no bosque...




Su comportamiento extraño y un aspecto físico peculiar le impiden pasar desapercibido por más que se esfuerce. Sentirse tan observado añade dificultad a su cometido, ya de por sí complejo. Mas la reacción de la gente está justificada porque lleva varios meses en la zona y todavía no lo han visto en una celebración, en el centro de salud o en la tienda. Ni siquiera han hablado con él. Saluda a todo el mundo con amplia sonrisa y gestos amables, pero una palabra no sale de su boca. Sólo saben que pernocta en la casona abandonada. Desconocen cuál es su profesión, y esto es lo que produce mayor desconfianza en el pueblo. Han llegado a especular con la posibilidad de que fuera un terrorista o un fugitivo. Incluso se han organizado para vigilarlo por las noches, sin éxito alguno: su vivienda permanece siempre en silencio absoluto y a oscuras. Cada día, abandona la casa temprano y desaparece andando; al anochecer, regresa aparentemente cansado.

Están muy lejos de imaginar que trabaja para ellos; que allí seguirá hasta la consecución del objetivo: el diseño de un cañón granífugo eficaz. A no ser que descubran antes su ovni camuflado en el bosque…
                                                                                                           
                                                                                                   Creado para ENTC                                                                                                                                                                                                                                                                        

19 jul 2015

O VIOLADOR DO PICO / EL VIOLADOR DEL PICO


Andan dicindo as malas linguas que no Pico Sacro, desde hai uns meses, habita un mal bicho, un monstro que rouba mozas novas nos arredores das discotecas da zona. Despois de abusar delas nunha cova do devandito monte, disque as deixa abandonadas en calquera lugar. ¡Non hai cousa que máis me rebente cós dixomedíxomes! Si, é certo que as levo á entrada dunha gruta porque alí teño todo o material necesario, ao enxoito, e tamén para que poidan berrar a gusto sen ter que amordazalas. Pero non as forzo, non lles fago dano ningún, se ata uso guantes de quirófano e todo… Tampouco é verdade que as deixe tiradas por aí; bo traballo me dá achegalas o máis  posible ás súas casas, arriscándome en exceso. Porque a xente é moi mal pensada; se me descubrisen, non ían entender as miñas explicacións. Eu son un home serio, só me move un interese estritamente profesional: debo preservar a miña dilatada sona de cirurxián destacado. Por iso preciso con urxencia un hime intacto, para un transplante. Tan pronto como o logre, acabouse o conto.


(Imaxe baixada de internet)

Andan diciendo las malas lenguas que en el Pico Sacro, desde hace unos meses, habita un mal bicho, un monstruo que roba muchachas jóvenes en los alrededores de las discotecas de la zona. Después de abusar de ellas en una cueva de dicho monte, por lo visto, las deja abandonadas en cualquier lugar. ¡No hay cosa que más me reviente que las habladurías! Sí, es cierto que las llevo a la entrada de una gruta porque allí tengo resguardado todo el material necesario; también para que puedan gritar a gusto sin tener que amordazarlas. Pero no las fuerzo, no les hago daño alguno, si hasta uso guantes de quirófano y todo... Tampoco es verdad que las deje tiradas por ahí; buen trabajo me da acercarlas lo más posible a sus casas, arriesgándome en exceso. Porque la gente es muy mal pensada; si me descubrieran, no entenderían mis explicaciones. Yo soy un hombre serio, sólo me mueve un interés estrictamente profesional: debo preservar mi dilatada fama de cirujano destacado. Por eso necesito con urgencia un himen intacto, para un trasplante. Tan pronto como lo consiga, se acabó la historia.
                                                                                               
                                                                                                         Creado para ENTC