POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 dic 2014

BONECAS DE CIDADE / MUÑECAS DE CIUDAD


(Imaxe baixada de internet)



Quixera ser coma ela: mansión con xardín, traxes de deseño… Pero terá que conformarse con roubar a Ken e metelo na súa cama.





Quisiera ser como ella: mansión ajardinada, trajes de diseño… Pero tendrá que conformarse con robar a Ken y meterlo en su cama.

Para ENTCONCURSO "CIUDAD MÍNIMA



SEGREDO DE FAMILIA / SECRETO DE FAMILIA


(Imaxe baixada de internet)

Estaba de aniversario e levou os colegas de merenda á fraga. O luar permitiu que a festa se alongase más do debido. Cerca da media noite, o anfitrión desapareceu. De alí a pouco, ouveou o lobo. Os amigos, asustados, fuxiron sen agardar por el. Foron avisar ós pais, e non entenderon a resposta:  
 -Xa volverá cando abra o día…                                                                                                           




Estaba de cumpleaños y llevó a los colegas de merienda al bosque. La luz de la Luna permitió que la fiesta se prolongara más de lo debido. Cerca de media noche, el anfitrión desapareció. Al poco rato, aulló el lobo. Los amigos, asustados, huyeron sin esperar por él. Fueron a avisar a los padres, y no comprendieron la respuesta:
-Ya volverá cuando despunte el día...


18 dic 2014

INDICIOS


(Imaxe baixada de internet)

Ten unha voz suave; en cambio, as súas palabras son ásperas. Destilan dor, preocupación, medo... Esta rapaza di moito máis do que conta. Teremos que escoitala unha e outra vez ata que descubramos a intención de cada unha das súas frases. Detrás desa indiscutible intelixencia, poida que se agoche unha gran xenerosidade: ela presentía o seu final e quixo favorecer o noso traballo regalándonos estas gravacións. 





Tiene una voz suave; en cambio, sus palabras son ásperas. Destilan dolor, preocupación, miedo... Esta chica  dice mucho más de lo que cuenta. Tendremos que escucharla una y otra vez hasta que descubramos la intención de cada una de sus frases. Detrás de esa indiscutible inteligencia, puede que se esconda una gran generosidad: ella presentía su final y quiso favorecer nuestro trabajo regalándonos estas grabaciones. 



14 dic 2014

MEDIDAS DE PROTECCIÓN


(Imaxe baixada de internet)


Unha muralla ata o ceo impedía acceder á cidade. Para saír, había un pasadizo que comunicaba co inferno.





Una muralla hasta el cielo impedía acceder a la ciudad. Para salir, había un pasadizo que comunicaba con el infierno.


Para ENTCONCURSO "CIUDAD MÍNIMA



10 dic 2014

TITANICFOBIA


(Imaxe baixada de internet)
Non volveu subir a un barco; nin sequera a unha lancha de pedais. En realidade, nunca máis foi capaz de achegarse ó mar. Ata se borrou da piscina municipal. Incluso está pensando en cambiar a bañeira por unha ducha. Todo por culpa da última película que viu, a do famoso transatlántico que ía a pique. Non pisará outra sala de cine na súa vida, aínda que proxecten un filme rodado no deserto almeriense; quen sabe, igual aparece un oasis cunha charca. Ademais non pode borrar da mente aquel camarote, casualmente co mesmo número cá súa casa. E o peor é que, desde que esborranchou o 115 da fachada converténdoo en 776, non lle chegan as cartas do banco. ¡Coa ilusión que lle facían…!




No volvió a subir a un barco; ni siquiera a una lancha de pedales. En realidad, nunca más fue capaz de acercarse al mar. Hasta se borró de la piscina municipal. Incluso está pensando en cambiar la bañera por una ducha. Todo por culpa de la última película que vio, la del famoso transatlántico que se iba a pique. No pisará otra sala de cine en su vida, aunque proyecten un filme rodado en el desierto almeriense; quién sabe, igual aparece un oasis con una charca.  Además no puede borrar de la mente aquel camarote, casualmente con el mismo número que su casa. Y lo peor es que, desde que pintarrajeó el 115 de la fachada convirtiéndolo en 776, no le llegan las cartas del banco. ¡Con la ilusión que le hacían…!

Creado para ENTC