POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 oct 2013

NAS ALTURAS / EN LAS ALTURAS


“Atravesaran a capa de nubes e un sol radiante bañaba todo o interior do avión”. Milagrosamente, a súa anguria de viaxeira principiante esfumouse e, en vez de voar, parecíalle que se deslizaban paseniño sobre un infinito e mol chan de algodón. O marido, afeito á rutina das viaxes frecuentes, indiferente, botáballe unha ollada no asento contiguo a un xornal estranxeiro. Procurando molestar o menos posible,  arrimouse a el e deixou que a nova sensación de placidez  a envolvese. Sen decatarse,  pegoulle o sono. Cando espertou, non había nada nin ninguén coñecido arredor.  A carón dela estaba Deus, acariñándoa.


(Imaxe baixada de internet)


“Habían atravesado la capa de nubes y un sol radiante bañaba todo el interior del avión”. Milagrosamente, su angustia de viajera primeriza se esfumó y, en vez de volar, le parecía que se deslizaban suavemente sobre un infinito y mullido suelo de algodón. El marido, acostumbrado a la rutina de los viajes frecuentes, indiferente, ojeaba en el asiento contiguo un periódico extranjero. Procurando molestar lo menos posible, se acurrucó contra él y dejó que la nueva sensación de placidez la envolviera. Sin darse cuenta, se quedó dormida. Cuando despertó, no había nada ni nadie conocido junto a ella. A su lado estaba Dios, acariciándola.
                                                                                               
                                                                                                         Feito para RELATOS EN CADENA, de Cadena Ser                                                           

14 oct 2013

SIBARITAS



(Imaxe baixada de internet)


As moscas cambiaron de merda, prefiren a corrupción.






Las moscas cambiaron de mierda, prefieren la corrupción.










10 oct 2013

CUÑADAS


Son as dúas caras dunha moeda, pero comparten presuntos afectos dun home e paixón desmedida por botarse ó monte no outono, sempre por separado e ás agachadas. El, gran sibarita, é o máis beneficiado desta tolemia transitoria: o mesmo se volve cabaleiro degustanto tricholomas equestres cociñadas por súa irmá, que se converte no césar do imperio da súa casa devorando a exquisita amanita caesarea preparada pola muller. Iso si, ten o saudable costume de que o primeiro bocado sexa sempre para a anfitrioa do momento. ¡Canto cine viu e que pouco entende de toxicidade micolóxica!




(Imaxe baixada de internet)
Son las dos caras de una moneda, pero comparten presuntos afectos de un hombre y pasión desmedida por echarse al monte en otoño, siempre por separado y a hurtadillas. Él, gran sibarita, es el más beneficiado de esta locura transitoria: lo mismo se vuelve caballero degustando tricholomas equestres cocinadas por su hermana, que se convierte en el césar del imperio de su casa devorando las exquisitas oronjas preparadas por su mujer. Eso sí, tiene la sana costumbre de que el primer bocado sea siempre para la anfitriona de turno. ¡Cuánto cine vio y que poco entiende de toxicidad micológica!



Seleccionado e publicado no  libro "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"

7 oct 2013

MAL PRONÓSTICO



(Imaxe baixada de internet)
Non lembra que debe tomar as pastillas para a memoria.





No recuerda que debe tomar las pastillas para a memoria.