POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 ene 2012

VIAXE PROGRAMADA / VIAJE PROGRAMADO

Compartiron a ducha para axudarse, como viñan facendo ultimamente. Perfumáronse, vestiron os mellores traxes e olláronse con tenrura, coma nos seus tempos mozos. Collidos da man, emprenderon aquela viaxe que se prometeran o día do casamento. Sentíanse infinitamente felices. 

E así os atoparon: xuntos e con plácidas facianas. Parecía que estaban vivos.

(Imaxe baixada de internet)
Compartieron la ducha para ayudarse, como venían haciendo últimamente. Se perfumaron, vistieron sus mejores trajes y se miraron con ternura, como en sus tiempos mozos. Cogidos de la mano, emprendieron aquel viaje que se habían prometido el día de la boda. Se sentían infinitamente felices.  

Y así los encontraron: juntos y con plácidos semblantes. Parecía que estaban vivos.


(Relato seleccionado para formar parte do libriño titulado CACHITOS DE AMOR, resultado do I Concurso de Microrrelatos Románticos ACEN)

22 ene 2012

REMEMORANDO



Vacas. O río.
A xiada. Herba seca.
Lembro a infancia.




Vacas. El río.
Helada. Hierba seca.
Aquella infancia…

18 ene 2012

POESÍA



(Imaxe baixada de internet)



Desde que cumprín os oitenta, a miña vida non rima.




Desde que cumplí los chenta, 
mi vida no rima.

13 ene 2012

CHAMADA PERDIDA / LLAMADA PERDIDA

Non sei de ti nin dos teus
se foxes de min ou me evitas
se me queres ou me ignoras
se fuches verdade ou mentira
se me lembras ou me esqueces                                                                                                                                                     
Non sei por que che escribo
se ti nunca me respondes
se non compartes os meus soños
se me arredas da túa vida
se non me contas nin me escoitas.
(Imaxe baixada de internet)

Non sei que mal me invade
que non te borro nin te odio
que sigo aquí como unha boba
que espero sempre unha chamada
que ata desexo que me mintas.




No sé de ti ni de los tuyos
si sólo huyes o me evitas
si me quisiste o me ignoras
si fuiste verdad o mentira
si me recuerdas o me olvidas.


No sé por qué te escribo
si tú nunca me respondes
si no compartes mis anhelos
si me echaste de tu vida
si no me cuentas ni me escuchas.


No sé qué mal me invade
que no te borro ni te odio
que sigo aquí como una tonta
que espero siempre tu llamada
que hasta deseo que me mientas.

9 ene 2012

NEVADA ASTURIANA



(Imaxe baixada de internet)
Xa era fermoso
e pintouse de neve.
¡Guapo, Boal!






Ya era precioso
y se pintó de nieve.
¡Guapo, Boal!

6 ene 2012

ESES XENÉRICOS.../ ESOS GENÉRICOS...


          Desde unha situación indefinida e ingrávida, contempla, desconcertado, o seu propio corpo inmóbil sobre a alfombra. Noutras ocasións nas que castigou á súa familia con simulacros de suicidio, sempre despertara  no hospital rodeado polos seus. Pero este é o salón da súa casa, e está só. El cre que fixo exactamente o mesmo ca outras veces...
          -Só cambia a cor da caixa, teñen o mesmo principio activo cás túas pastillas de toda a vida  -aseguráralle onte o farmacéutico.
          “Parece que entra alguén na habitación. Si, aí están a miña muller e a súa amiga Laura. ¡Que guapa te conservas, Lauriña! ¿Por que casaches con Alfredo, condenada, se sabías que eu estaba tolo por ti? ¿Pero que fan? ¿Por que me sacoden con tanta forza? ¿Por que berran coma posesas? ¿Por que intentan pecharme os ollos...? ¡Merda, xa non vexo nada!”


(Imaxe baixada de internet)
       
          Desde una situación indefinida e ingrávida, contempla, desconcertado, su propio cuerpo inmóvil sobre la alfombra. En ocasiones anteriores en que castigó a su familia con simulacros de suicidio, siempre había despertado en el hospital rodeado de los suyos. Pero este es el salón de su casa, y está solo. Él cree haber hecho exactamente lo mismo que otras veces...
          -Sólo cambia el color de la caja, tienen el mismo principio activo que tus pastillas de toda la vida - le había asegurado ayer el farmacéutico. 
          “Parece que entra alguien en la habitación. Sí, ahí están mi mujer y su amiga Laura. ¡Qué guapa te conservas, Laurita! ¿Por qué te casaste con Alfredo, puñetera, si sabías que yo estaba loco por ti? ¿Pero qué hacen? ¿Por qué me sacuden con tanta fuerza? ¿Por qué gritan como posesas? ¿Por qué intentan cerrarme los ojos…? ¡Mierda, ya no veo nada!”

1 ene 2012

ANTE TODO, RESPECTO / ANTE TODO, RESPETO

   
     - Cariño, ¿que lle pides ó ano novo?
    - Só unha cousa: que sigamos odiándonos con respecto como ata agora.


(Imaxe baixada de internet)



    - Cariño, ¿qué  pides para el nuevo año?
    - Sólo una cosa: que nos sigamos odiando
      con respeto como hasta ahora.